8 de feb. de 2017

Bádminton na escola cos recentes Campións de España de 1ª Nacional


Estes días están connosco varios xogadores de Bádminton do Clube A Estrada . Participaron este fin de semana no Campionato de España e quedaron campíons na categoría 1ª Nacional.  Agora co ascenso directo voltarán á División de Honor. Como vedes  é un luxo telos aquí facendo unha pequena demostración do bonito que é este deporte. Como curiosidade dicir que unha das xogadoras do clube, Eva Murio, actual campiona de España,  foi alumna do noso centro xa fai  uns anos. Os nosos parabéns  a este grande grupo de xogodores.




Ver máis fotos   -   Artigo relacionado

Ningún comentario: