31 de out. de 2016

A que altura está o Ceo?


"Jorge Mira acaba de publicar en Alvarellos Editora ¿ A que altura está o ceo? , un novo libro de divulgación científica. Escrito en colaboración con María Canosa e ilustrado por Dani Padrón.

Na cuberta do libro podemos ler:
Velaquí  unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia:  Este libro vainos dar a resposta. A esta cuestión... e a moitas outras.
O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o universo.
Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas:
¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo?
¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas?
¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?
¿Cal é a idade do universo?
¿E o seu tamaño?
¿Que quere dicir que o universo se expande?
¿E a que velocidade o fai?
¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?.."

Ningún comentario: