"Cando aumentan as criticas porque ningún dos premios Nobel de este ano é unha muller, e cando se ve que a porcentaxe de premiadas é ínfima en relación co total:
- O premio máis importante da literatura en lingua castelán, o Premio Cervantes, só se concedeu en catro décadas, dende a súa institución en 1976 ata 2016 a 4 mulleres: María Zambrano (1988), Dulce María Loynaz (1992) Ana María Matute (2010) e Elena Poniatowska (2013) frente a 37 homes.
- O Premio Nobel de Literatura dende a súa creación en 1901 ata 2016 premiou a 16 mulleres frente a 99 homes.
O 17 de outubro temos unha nova día que celebrar: O Día das Escritoras, celebración impulsada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e a Asociciación Clásica e Modernas para a Igualdade de Xénero na Cultura. Esta conmemoración estréase este ano, será anual, o lunes seguinte á festividade de Santa Teresa (o 15-O).
Para esta edición de 2016 seleccionáronse textos de 30 escritoras nas distintas linguas oficiais do Estado (Catalán, Castelán, Euskera e Galego) que soaron nas voces dun grupo de mulleres e homes "escritores en activo" no Auditorio da BNE na data da celebración.
Os organizadores deste día queren expandi este Día das Escritoras para que todas as bibliotecas do país se unan." Fonte
Ningún comentario:
Publicar un comentario