O retrato de Bia de Médicis, pintado por Bronzino, inspira O armiño dorme de Xosé Neira Cruz, publicado en Galaxia e Premio Raíña Lupa 2002. Tamén nesta editorial e tamén co mesmo premio na edición de 2013 está Reo,de Xesús Fraga, que nos fala da arte urbana cun graffiteiro como protagonista.
O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, publicado en Xerais e que foi Premio Lazarillo entre outros galardóns, recrea os últimos días do pintor Van Gogh.
Por último, unha das múltiples homenaxes que fai Agustín Fernández Paz ao cine: Fantasmas de luz (Xerais, 2011). Ver en rede lectura
Ningún comentario:
Publicar un comentario