O cheiro dos libros antigos é o resultado de centos de compostos orgánicos volátiles (VOCs, polas súas siglas en inglés) liberados desde o papel ao aire. Ademais de inconfundible, este cheiro pode resultar moi útil para coñecer o estado de conservación dos vellos volumes, segundo un estudo que acaba de publicar a revista Analytical Chemistry. "Ulindo" os gases emitidos por 72 documentos antigos dos séculos XIX e XX cunha nova técnica chamada "degradómica material", un equipo de científicos británicos e eslovenos conseguiu identificar 15 moléculas volátiles que poderían ser bos marcadores para cuantificar de certo o risco de que se degraden a celulosa, a lignina (o polímero orgánico máis abundante no mundo vexetal, que desprende cheiro a vainilla), a fibra de madeira e outros compoñentes dos libros. Esta técnica non invasiva podería axudar ás bibliotecas e os museos para preservar unha ampla gama de obxectos baseados en papel, algúns dos cales se están deteriorando rapidamente debido á súa avanzada idade. Fonte
Ningún comentario:
Publicar un comentario