23 de nov. de 2016

25 de Novembro - Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller


Mañá venres, 25 de novembro, de 11:00 h a 11:30 h,  celebraremos conxuntamente os centros escolares de Pontevedra o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller". No  plano vese cal será a ubicación de  cada centro.
Por que este Día Internacional?
Debido a que:
A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

Ningún comentario: