Este ano tivemos de novo o Magosto. O tempo acompañounos. Dában algo de chuva pero aguantou ata o remate das clases.
Houbo un pouco de todo: xogos, música e castañas. Deixamos aquí algunhas das fotos que fixemos. Cando teñamos as dos que cantaron porémolas.
O "Día do Peón" ou "Festa do Trompo" farémola este luns 14 de novembro, no recreo. Imos facer unha "Trompada". "Polo San Martiño trompos ó camiño" , "Polo San Andrés trompos ós pés" e "Polo San Amaro trompos ó faiado". Que bailen e que non paren !!!. Recordade que é preciso ler o Manifesto para que a xeira sexa completa.

Ver Fotos 1 na páxina web do cole. Ver Fotos 2 -
Ningún comentario:
Publicar un comentario