21 de feb. de 2017

O coro "Luís García Limeses" e a Banda de Música de Pontevedra en concerto










O Teatro Principal de Pontevedra acolleu esta semana un concerto que se presentou como unha homenaxe a "a sinxeleza, a inocencia, a bondade natural, a transparencia da súa alma, a pureza e o candor, que son algunhas das cousas que máis nos fascinan dos nenos".

Compartiron escenario a Banda de Música de Pontevedra co seu director Rafael Agulló Albors,  e os alumnos do coro "Luís García Limeses", dirixidos pola profesora do CEP Campolongo,  Mª de los Reyes Carballo Carballo. Nas fotos xa ben algunhas caras coñecidas do noso centro. Ver máis fotos na páxina web do cole.  -  Ler máis  - Escoitar máis interpretacións


Ningún comentario: