18 de feb. de 2017

"Roteiro dos Magnolios" polo Parque de Campolongo co alumnado de 2ºA no Proxecto Ríos

Magnolio Liliflora

Magnolio Soulanxeana




Magnolio Estrelata
Liliflora









Despois da desfeita estes días do "Tren Canadiense", o alumnado de 2ºA do CEP Campolongo, inmerso no Proxecto Ríos, fixo unha saída case primaveral, neste mes de febreiro, que  lle chamamos o  "Roteiro dos Magnolios" . Quedounos por facer unha foto co  "Magnolio Grandiflora"  , pero  sí o fixemos cos  que estaban coa flor, o  "Liliflora", o "Estrelata" e o "Magnolio Soulanxeana", tal e como vemos nas imaxes.  Todos estos están na beira do río na zona canalizada, no Parque de Campolongo.  Aproveiamos o roteiro para ver, tamén coa flor neste tempo de inverno,  algúns dos camelios e  unha árbore non moi común polas nosas terra o "Marmeleiro xaponés". Para rematar, como estaba co froito,  algúns xa en descomposición, ollamos preto da nosa escola  un curioso "Mirtilo de Nova Zelanda".
 Ver máis fotos

Ningún comentario: