23 de abr. de 2016

23 de abril. Día Internacional do libro

O sábado 23 de abril será de novo o Día Internacional  e Día Mundial do libro. A nosa mascota Xafi, propón facer unha lectura colectiva o luns 25 de abril no patio da escola no tempo de lectura despois do recreo.  Sentaríamos cada grupo en círculo como cando nos sentamos a comer as castañas no  Magosto ou como cando fixemos a Carrasquiña. Cada aula  elixe que ler e de que  forma . Xafi recomenda, a poder ser,  facerlle un guiño a catro dos persoeiros homenaxeados neste curso: Neira Vilas, polo seu pasamento . Manuel María, por ser o homenaxeado este ano no  Día das Letras Galegas. Ledicia Costas, por ser a homenaxeada este ano no Salón do Libro e Miguel Cervantes polo 400 aniversario do seu pasamento . Os libros ou contos  poderían traelos eles da casa.  Poderíamos rematar o acto lendo un pequeno texto de "Os libros son para valentes"
Xunto a esta actividade esta semana tamén imos intentar facer:
- Poñer curtas, contos, etc,   relacionados con estas temáticas  no vídeo  do corredor de abaixo.
- Lanzar a actividade "Foto lendo na natureza", onde cada nen@, voluntariamente,  presentará un foto lendo nalgún espazo ó aire libre.
- Facer a actividade do venres "Quen me conta un conto?" todos os días desta e da semana seguinte.
- Debuxar unha escea do Quixote para contárllela a un cego.
 - Exposición de libros nalgún dos corredores con libros de "Bichería" e tamén dos autores antes nomeados.
Por suposto Xafi acepta suxestións para que a comunidade educativa sega lendo para gozar e  loitar contra a ignorancia.
Artigo relacionado: O Día Internacional do Libro nas Bibliotecas Escolares
Ver Actividades doutras Escolas

Ningún comentario: