A verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos sobre a importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo... Sempre pensei que falar da importancia da lectura era como ter que explicar a importancia de comer, de beber. De respirar.

Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis debemos estar dispostos a ser valentes, a dar un paso adiante e dicirlle a esa persoa “Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?”. Do mes-mo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas...
Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que estea-mos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
Pedro Feijoo
Ningún comentario:
Publicar un comentario