07/10/2016

Imprescindibles - As Sinsombreiro (As Mulleres da Xeración do 27)

 En España, o ano 1927 está asociado á xeración de artistas e intelectuais máis fecunda do século XX. A denominada Xeración do 27 converteuse nunha das marcas artísticas máis recoñecidas que identifica un momento crucial (1923-1936) na historia cultural e social do país. O feito de formar parte desta Xeración permitiu que os seus integrantes oficiais, entre os que se atopan Federico García Lorca, Luís Buñuel, Salvador Dalí, Rafael Alberti ou Luís Cernuda, gozasen de popularidade e fosen obxecto de atención nacional e internacional.

Pero este recoñecemento só existe cara a eles, aínda que nesta explosión creativa tamén había mulleres: xurdiu a que fose a primeira xeración de mulleres que entrou sen complexos no mundo artístico.

Mulleres de gran talento, que compartiron entre elas amizade, reflexións e vivencias e que influíron de forma decisiva na arte e pensamento español e, nalgúns casos, debido á súa produción no exilio, nos estilos e xéneros de artistas internacionais. A Guerra Civil supuxo o fin desa Xeración, pero no caso delas supuxo tamén a súa condena ao esquecemento.

Reconstituida a democracia, os nomes dos seus colegas foron recuperados e enxalzados, mentres que os delas permaneceron en silencio, perdendo o seu lugar, de pleno dereito, dentro do relato oficial da Xeración do 27 e por conseguinte na historia. O documental  céntrase nas oito mulleres consideradas máis representativas:

ERNESTINA DE CHAMPOURCÍN (Vitoria, 1905-Madrid, 1999), poeta
- MARÍA TERESA LEÓN (Logroño, 1903-Madrid, 1988), escritora
- CONCHA MÉNDEZ (Madrid, 1898-México, 1986), poeta y editora
- MARUJA MALLO (Lugo, 1902-Madrid,1995), pintora
- MARÍA ZAMBRANO (Málaga, 1904-Madrid, 1991), filósofa
- ROSA CHACEL (Valladolid, 1898-Madrid, 1994), novelista
- JOSEFINA DE LA TORRE (Las Palmas de Gran Canaria,1907-Madrid, 2002), escritora, poeta y actriz
- MARGA GILROËSSET (Madrid, 1908-Madrid, 1932), escultora e ilustradora

Ningún comentario: