29/10/2016

Ciencia en Galego - Isabel Aguirre de Úrcola


"Isabel Aguirre de Úrcola "Isabel Aguirre de Úrcola é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Coruña e dirixe a "Escola Galega da Paisaxe" da Fundación Juana de Veiga desde a súa creación en 2008.

Nada en Vilagarcía de Arousa, conta con máis de 25 anos na docencia e investigación. Foi profesora titular na Universidade de Coruña e a súa experiencia docente esténdese a outras universidades españolas e estranxeiras.

Foi Premio Nacional de Arquitectura "Manuel da Dehesa" en 1997 pola rehabilitación do Parque de Bonaval en Santiago de Compostela, xunto ao arquitecto portugués Álvaro Siza. Recentemente, foi galardoada tamén co Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico polo seu traballo de recuperación paisaxística da contorna do Mosteiro de Caaveiro.

É membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools  e expuxo  a súa  obra na Universidade de Harvard EEUU na exposición "Os 15 mellores Paisaxistas de Europa" no ano 2000. Ademais, encargouse das obras dos proxectos  dos Parques Oeste Vale/Grande e Parque Sur en Lisboa, e do proxecto de rehabilitación de Illa do Cobo ou A Illa dás Esculturas en Pontevedra.

Foi nomeada presidenta da Irmandade da Ribeira Sacra, cuxa finalidade é promover, recuperar e salvagardar  os valores culturais, históricos e  paisaxísticos da Ribeira Sacra. "

Artigo Relacionado: "Dia Internacional da Ciencia"

Ningún comentario: