16/11/2016

Comeza o Trotacontos: "Petiscos de agarimo"


Onte comezou o "Trotacontos" ou "Conto Viaxeiro" deste curso 2016-17. A xuntanza para a toma de decisións fixémola no CEIP de Campaño. O tema elixido para o conto foi "Petiscos de agarimo". As escolas que van participar son : CEIP Campañó, EEI deXeve,  EEI Crespo Rivas, CEP San Bieto de Lérez .... e por suposto o CEP Campolongo. Na nosa escola os cursos que participan son os tres grupos de segundo  (A,B,C) .   A data de entrega do conto será o xoves 30 de marzo de 2017. Cada escola elaborará dúas páxinas  do conto (tamaño A3)  que irán acompañadas de dúas ou tres fotos dos cursos participantes de cada escola. 

Ningún comentario: