11 de nov. de 2016

O Magosto e o Día do Peón - 2016

 Este ano tivemos de novo o Magosto. O tempo acompañounos. Dában algo de chuva pero aguantou ata o remate das clases.
Houbo un pouco de todo: xogos, música e castañas. Deixamos aquí algunhas das fotos que fixemos.  Cando teñamos as dos que cantaron porémolas.
O "Día do Peón" ou  "Festa do Trompo"  farémola este  luns 14 de novembro, no recreo.  Imos facer unha "Trompada".  "Polo San Martiño trompos ó camiño" ,  "Polo San Andrés trompos ós pés" e "Polo San Amaro trompos ó faiado". Que bailen e que non paren !!!. Recordade que é preciso ler o Manifesto para que a xeira sexa completa.

Ver Fotos 1 na páxina web do cole.  Ver Fotos 2  - 

Ningún comentario: