20 de nov. de 2016

Concurso "De quen estamos a falar? "

O mes de novembro é declarado, entre outras cousas,  "Mes da Ciencia en Galego". Aproveitamos esta efeméride para comezar un concurso que denominamos "De quen estamos a falar?". Neste caso son todo mulleres científicas galegas.   Tes que descubrir o seu nome investigando. Se queres podes facelo nos ordenadores da Biblioteca. Esta fase do concurso está preparada para os maiores (5º e 6º). Máis adiante iremos incluíndo outros cursos e outras investigacións.

PD: Quen queira colaborar facendo fichas para novos  concurso que consulte o xeito de facelo na biblioteca.

Artigos Relacionados:  Manifesto do Mes da Ciencia en Galego  - Libros informativos relacionados coa Ciencia

Ningún comentario: