19/12/2016

Curiosa prohibición machista

Usuarios da Biblioteca Nacional de España. Catro mulleres, dúas sentadas e dúas de pé, e un home de pé consultan libros nunha sala rodeada de andeis cheos de libros, en primeiro plano dúas mesas ateigadas de libros. Autor: Videa. 

"As mulleres tiveron prohibida a entrada á Biblioteca Nacional de España ata 1837. Hoxe len máis que os homes. Segundo a última enquisa de hábitos de lectura en España publicada polo Ministerio de Educación e Cultura en 2015, as taxas de lectores son superiores nas mulleres, en termos anuais 66,5%, fronte ao 57,6% observado nos homes, diminúen coa idade e superan a media nos menores de 55 anos. Tamén son máis lectoras en formato dixital. Do mesmo xeito que o é para outras actividades culturais onde as taxas de asistencia a museos, arquivos teatro cinema, concertos e outros  espectáculos é superior entre as mulleres que entren os homes Tamén e segundo datos da mesma fonte, entre as mulleres é maior a afección pola escritura, 8,6% fronte ao 7% observado en homes, e pola lectura como antes mencionamos, (66,5% fronte ao 57,6%), con excepción da lectura profesional e a prensa, actividades ás que son máis asiduos os homes. Tocar un instrumento musical, facer fotografías ou vídeo son afeccións artísticas máis frecuentes entre os homes, que presentan así mesmo maiores taxas de asistencia anual a concertos de música actual e ao cinema. Se nos centramos no colectivo dos que fan teatro, baile ou danza, son máis altas as taxas observadas entre as mulleres, sendo tamén elas as máis asiduas a este tipo de espectáculos". Tradución deste artigo 

Ningún comentario: