27 de dec. de 2016

O Nadal

“Nós. Historias de Nadal” é un programa de humor, que ten como protagonistas a Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, acompañados doutros actores para dar vida a catro sketchs en que repasan as tradicións das festas de Nadal. 

Arranca cunha discusión familiar sobre as celebracións propias destas datas para dar paso a unha viaxe pola historia, na que, en clave de humor, Pereiro e Touriñán amosan a idiosincrasia e costumes dos galegos en diferentes períodos, que analiza un profesor-erudito para chegar á conclusión de que pouco cambiaron as cousas. 

Este singular percorrido pola historia facémolo con dous traballadores da Idade de Bronce encargados da construcción dun dolmen, un lexionario e un habitante dun castro que son veciños e representan a modernidade e a tradición, os antigos construtores das catedrais, os campesiños e fidalgos que ocupaban as vilas galegas entre fins do século XVIII e comezos do XIX, e unha parella disposta a emigrar, xa na Época Contemporánea. 

Con estes personaxes, o programa viaxa a través da Prehistoria, o período coñecido como Romanización, a Idade Media, os anos de transición entre os século XVIII e XIX e os das grandes migracións do século XX. 

Os protagonistas das historias aproveitan, entre chiste e chiste, para introducir curiosidades sobre o Nadal. 

Ningún comentario: