29/12/2016

Obras na Escola, incluída a Biblioteca

 Durante todo o primeiro trimestre tivemos obras por toda a escola, cambiaron as ventás, as claraboias, as luces. Non sei como se fixo durante o horario lectivo porque o ruído foi abondo e menos mal que non veu un outono frío porque a ventilación foi continua por culpa de ter sempre as portas e ventás abertas. Como anécdota tivemos unha explosión que nos deu un bo susto a todos. Menos mal que non houbo incidencias persoais. En fin, para o segundo trimestre a escola volverá á normalidade. Esperemos non teñan que vir outra vez os bombeiros. Se queres ver algunhas fotos clica na imaxe.

Ningún comentario: