23/05/2016

1ª Gala do Libro Galego

O pasado 14 de maio celebrouse no Teatro Principal de Santiago a primeira edición da Gala do Libro Galego, promovida pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros, onde se recoñeceron os mellores traballos do ano 2015.

O premio ao Escritor Galego Universal foi concedido pola asemblea xeral da AELG, que decidiu outorgarllo a Pere Gimferrer, o Honorífico á libraría foi concedido pola directiva da Federación de Librarías de Galicia á Libraría Pedreira e o Honorífico á editora correspondeu á directiva da AGE, quen distinguiu os 25 anos de labor editorial de Laiovento.

Estas foron as obras gañadoras dos Premios da Gala do Libro Galego 2016:

Ensaio

Tradución
Mocidade (Joseph Conrad), en tradución de Alejandro Tobar. Hugin e Munin

Proxecto literario na rede
Poétic@, de Fran Alonso

Literatura infantil e xuvenil

Iniciativa bibliográfica
Lendo lendas, digo versos, de Antonio G. Teijeiro e Antonio Reigosa (ilustracións de Xosé Cobas). Xerais

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura
Espazo Lectura

Libro ilustrado

Teatro
Xogando con gatos, de Antón Cortizas. Xerais

Xornalismo Cultural
Sermos Galiza

Narrativa

Poesía
oso, mamá, si?, de María Lado. Xerais

Obras finalistas da literatura infantil e xuvenil
  • O home que sabía voar, de Xabier López López (ilustracións de Jacobo Muñiz). Tambre
  • O meu pesadelo favorito, de María Solar (ilustracións de María Lires). Galaxia
  • Teño uns pés perfectos, de María Solar. Kalandraka
  • Todos os soños, de Xavier Estévez (ilustracións de Marcos Viso). Tambre
Obras finalistas do Libro ilustrado
  • Balea, de Federico Fernández e Germán González. Kalandraka
  • Cadros dunha exposición. Modest Mussorgsky, de Xosé Cobas (texto de José Antonio Abad Varela). Kalandraka
  • Lendo lendas, digo versos, de Xosé Cobas (texto de Antonio G. Teijeiro e A. Reigosa). Xerais
  • O home que sabía voar, de Jacobo Muñiz (texto de Xabier López López). Tambre

Ningún comentario: