14 de maio de 2016

O rapto de Europa

Zeus é un incansable conquistador e os seus amores con deusas, ninfas e mortais enchen unha ampla páxina da mitoloxía. No mito que nos ocupa Zeus puxo os seus ollos nunha bela moza asiática, filla de Agenor, rei de Tiro, en Fenicia, na conca oriental do Mediterráneo.
Pide axuda ao seu fillo Hermes para a preparación do encontro e posterior rapto que vai ser dos máis historiados porque o deus decidiu metamorfosearse nun belo touro. Hermes vai ser o encargado de conducir ao rabaño de bueis do rei desde os altos prados ata a praia próxima onde Zeus sabía que Europa e outras doncelas de Tiro acudían a pasar a xornada de diversión e asueto.

Zeus toma a forma dun touro blanquísimo, de faccións nobres, que non infunde medo e aproxímase saíndo do rabaño ata o grupo das novas. Estas asústanse ao principio pero aos poucos van collendo confianza co manso touro que acepta as súas caricias e as guirnaldas de flores que as raparigas trenzan para colocalas entre os cornos. Europa chega a sentar encima do animal, tan confiada e allea ao que lle espera. O touro bica os pés da nova, mentres as súas amigas adórnana, e disponse a continuar o seu plan.

O animal incorpórase e sen demora lánzase ao mar coa ansiada carga na súa grupa. As amigas quedan na costa, sorprendidas, levantando as mans en xesto de sorpresa e o grupo introdúcese en mar aberto onde os Ventos axudan a avanzar e onde grupos de divindades mariñas xurdirán como cortexo.

Chegan ás costas da illa europea de Creta. Alí Europa dará a luz a tres fillos, Minos, Sarpedón e Radamantis deixando así a estirpe divina na illa.

Ningún comentario: