23 de maio de 2016

Enrique e Carlos cóntannos o noso conto "Legumízate"

 Hoxe estiveron connosco  Enrique Mauricio  e Carlos Taboada, un  escritor e outro ilustrador, ámbolos dous pódense atopar en Polo Correo do Vento
Viñeron a contarnos e logo a entregarnos o conto que fixemos varias escolas de Pontevedra no tradicional "Trotacontos", foi o acto final desta actividade que durou todo o curso,  percorrendo e traballándose  cada mes nunha escola da cidade.  Este ano a historia levou  por título "Legumízate".  Aínda que foron 75 rapaces de 2º  de primaria os participantes , Enrique e  Carlos fixeron un esforzo grande para que o pasaran ben coñecendo o conto enteiro " e aprenderan, tamén,  algunhas cousas sobre escritores e ilustradores de libros e contos.
  Ver algunhas  das fotos.
Artigos relacionados: Lugumízate    /  Como nos organizamos   / Ver o conto en imaxes

Ver as publicacións de Enrique Mauricio e Carlos Taboada

Ningún comentario: