23/05/2016

"Poema e mar" de Antonio García Teijeiro

Poemar o mar  pecha a triloxía do mar de Antonio García Teijeiro , da que forman parte ademais Palabras do mar, editado por Embora, e En la cuna del mar, editado por Creotz ediciones.
O autor indicou na presentación do libro que concibe «o mar como un sentimento íntimo», «sinto que o mar me chama, como me chaman os poetas do mar como Alberti, Mendiño ou Martín Codax».
Publicado en Xerais, na súa colección Merlín e destinado a partir de lectores autónomos, este mar de García Teijeiro ronca, molla cos poemas, ten trenzas, anda murcho, chora por dentro e cala por fóra...nese xogo poético inundado de lirismo.
As fermosas ilustracións son de Xan López Domínguez.

Ningún comentario: