13 de maio de 2016

Vocabulario basico de Biblioloxía


ARQUIVO. Lugar para a conservación e inventario de documentos
BESTSELLER. Libro de grande éxito
BIBLIOFAXIA .Costume de ler libros sen aproveitamento
BIBLIOTECA.Local onde se xuntan libros
BIBLIOTECARIO/A. Persoa con formación especializada que ten ao seu cargo unha biblioteca
BIBLIOTECONOMÍA. Coñecimentos teórico-prácticos sobre bibliotecas
BOLETÍN. Puiblicación periódica editada por unha institución con fins formativos. Nos Centros docentes equivale ás veces a notificación punitiva...
CATÁLOGO. Enumeración descriptiva de fondos bibliográficos
CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL (CDU).Sistema numérico, de uso internacional, para encadrar os libros na súa materia
CONTRAPORTADA. Páxina frente á portada onde van datos sobre autor, colección, etc.
COPYRIGHT. Indicador de que a propiedade intelectual da obra está protexida
CÓDICE. Libro manuscrito xeralmente feito antes da invención fda imprenta
DEPÓSITO LEGAL. Entrega de exemplares, obligatoria, ás bibliotecas nacionais
EDICIÓN. Obra preparada para a súa publicación. Conxunto de exemplares dunha obra. Chámase "príncipe" cando é a primeira ou a máis perfecta
ENCADERNACIÓN. Cuberta de cartón, pel plástiuco, etc. que levan os libros
ETIQUETA. Rótulo pegado no lombo dun libro con datos de identificación
FICHA. Cartolina onde están anotados o autor, obra, etc.
FOLLA. As dúas páxinas (anverso e reverso)
FOLLETO. Impreso que non ten periodicidade
HEMEROTECA. Departamento dunha biblioteca onde se gardan as publicacións periódicas
IMPRENTA. Invento de -entre outros- Gutemberg, darredor do 1440. Sistema de reproducir, por medio de presión, caracteres impregnados de tinta
INCUNABLE. Cada libro impreso mecanicamente antes do 1500
ÍNDICE. Lista ordenada de capítulos, contidos, ilustracións, etc. con indicación da páxina
ISBN. Código internacional, único para cada edición, que identifica unha obra concreta
LER. Interpretar mental ou verbalmente un texto escrito
LIBRO. Conxunto de follas manuscritas, impresas cinguidas polo lombo e con cuberta, formando un volumen
LOMBO. Parte da cuberta que cubre ba unión das follas dun libro
MARXE. Espaciio en branco a cada lado dunha páxina
PAPEL. Folla delgada, feita de trapos,celulosa, papeis vellos, prensados, desfeeitos, convertidos en pasta, cortado en determinada medida
PORTADA. Páxina onde consta o nome do autor, obra.
PÁXINA. Cada cara dunha folla
PÉ DE IMPRENTA. Nome do impresor, lugar e data de feitura do libro
REPRODUCIÓN. Copia exacta dunha obre orixinal
REVISTA. Publicación periódica non cotiá
SIGNATURA. Cifras e letras sistematizadas que serven para localizar unha obra
SOLAPA .Prolongación da cuberta e da sobrecuberta, doblada para dentro
TAPA. Superficies ríxidas que protexen externamente ao libro
TEXTO. Conxunto de palabras que forman un escrito
TIRADA. Exemplares dos que consta unha edición
TOMO. Parte na que pode dividirse unha obra
TÍTULO. Palabra ou conxunto delas coas que se nomea un libro, revista, etc
VOLUME. Ás veces o mesmo quee "tomo". Tamén aquelo que está encadernado xunto
XORNAL. Publicación, xeralmente informativa, de periodicidade cotiá

Artigo relacionado "Aprende a Xogar coa Biblioteca Escolar"

Ningún comentario: