24/05/2016

Investigando as árbores do noso cole.



Coa primavera os de 1ºC sairon a coñecer algunhas das árbores que temos na escola. Cada un escolleu a súa árbore para debuxala, algúns nomes eran un pouco complicados e non se acordaron cando fixeron o debuxo, outros fixérono de marabilla. Diferenzamos entre todos cales eran arbustos cales árbores e cales eran plantas. Debuxaron cedros, abetos, loendros, camelios, loureiros,... Tocamos as follas, ulímolas, contamos algunha anécdota de cales eran velenosas, cales non, cales se comian, cales eran autóctonas ...


Ningún comentario: